Tomiño
Nadal + Nadal 2026
Fecha de publicación: 19/11/2026
Premios á decoración da “Ruta Nadal+Nadal”
- 1º Premio Mellor escaparate ………………………… 500,00€
- 1º Premio Mellor local …………………………………. 500,00€
- 2º Premio Mellor escaparate ………………………… 250,00€
- 2º Premio Mellor local …………………………………. 250,00€
- Cada un dos comercios ou servizos so poderá acceder a un dos premios
Conscientes de que son moitos os establecementos participantes nesta Campaña que están a facer un grande esforzo por mellorar as súas decoracións de ano en ano, este ano non serán valorados nin acadarán premio aqueles locais ou escaparates que lograron premio nas Campañas de Nadal+Nadal dos anos 2024 e 2025 de maneira consecutiva.
Se es un comercio, inscríbete para participar ata o 27 de novembro!
As túas compras de Nadal en Tomiño valen dobre!
Do 7 ao 28 de decembro mercar no comercio local de Tomiño ten premio. A clientela que merque nos comercios adheridos á Ruta Nadal + Nadal disporán dunha urna na que depositar os seus tíckets de compra por valor de máis de 20 euros para participar no sorteo de vales de compra polo dobre do valor do tícket depositado ata un máximo de 150 euros. Repartiranse ata 3.000 euros en premios entre os compradores e compradoras.
20261119_BASES NADAL + NADAL 2026
Instancia Campaña Nadal+Nadal 2026
The post Nadal + Nadal 2026 appeared first on Concello de Tomiño.