Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

🎭 O teatro chega a Tomiño! Cita dobre este sábado e domingo!

Fecha de publicación: 13/11/2026

Este sábado, 14 de novembro, temos unha cita no Auditorio de Goián con “O Proceso”, de Malasombra Teatro.

Un divertido sainete cómico de Cándido Pazó que revisita o histórico xuízo por herexía contra Manuel Curros Enríquez tras a publicación de Aires da miña terra.

🕘 21:00 h 📍 Auditorio de Goián 🎟️ Prezo: 5€

-

Este domingo, 15 de novembro, chega ao Auditorio de Goián “Adiós Peter Pan”, de Festuc Teatre.

María viaxa ao País de Nunca Xamais da man do seu avó nun espectáculo familiar sobre o vínculo entre xeracións, o paso do tempo e a importancia de seguir soñando.

🕠 17:30 h 📍 Auditorio de Goián 🎟️ Prezo: 5€ (*O prezo para os menores de 12 anos é a metade)