Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

MANUEL OCHOA GAÑA A ÚLTIMA E MÁIS IMPORTANTE COPA DO MUNDO DA TEMPADA

Fecha de publicación: 15/09/2026

Que maneira de pechar a tempada! O tomiñés Manu Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos, proclamouse este domingo gañador da proba de caiac cross da Copa do Mundo de Slálom disputada na Seu d’Urgell, a última e máis importante cita da tempada 2026.



Manu chegaba á fase de loitas co segundo mellor tempo da proba individual e, a partir de aí, foi absolutamente imparable: gañou as clasificatorias, os oitavos, os cuartos e as semifinais, sempre con autoridade. Na final volveu poñerse á fronte desde a saída e conseguiu a vitoria por diante do neozelandés Finn Butcher, o suízo Jan Rohrer e o italiano Giovanni de Gennaro.


Un resultado enorme que ademais ten especial importancia de cara ao ciclo olímpico, xa que nesta Copa do Mundo comeza a suma de puntos para a carreira por unha praza directa para os Xogos Olímpicos de Los Ángeles 2028.


Tamén participou nesta cita Luís Fernández, dos Teixugos, na modalidade de C1. Unha boa baixada viuse condicionada por catro segundos de penalización que o deixaron fóra das semifinais, rematando finalmente no posto 37.



Agora, Manu e Luís poñen rumbo ao Campionato Europeo, que se disputará dentro de quince días en Ivrea (Italia).


Trasladar a noraboa a ambos participantes e ao Club Deportivo Miño-Teixugos polo inmenso traballo que leva a cabo para que os nosos deportistas poidan alcanzar estes fantásticos resultados.


The post MANUEL OCHOA GAÑA A ÚLTIMA E MÁIS IMPORTANTE COPA DO MUNDO DA TEMPADA appeared first on Concello de Tomiño.