Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Tomiño en Marcha descobre a ruta dos Buracos dos Mouros nunha andaina de 8 quilómetros

Fecha de publicación: 02/07/2026

A saída, guiada, gratuíta e sen inscrición previa, partirá ás 09.30 horas desde a igrexa de Pinzás. Cancelarase por seguridade se continúa a alerta laranxa por calor


Os Buracos dos Mouros agardan. Este domingo 5 de xullo, o programa Tomiño en Marcha propón un percorrido lineal de algo máis de 8 quilómetros para descubrir un dos enclaves máis singulares e evocadores do municipio, cun guía ao fronte, sen necesidade de apuntarse e sen custar un euro.


A saída realizarase ás 09.30 horas desde a igrexa de Pinzás, nun percorrido que incluirá algunha baixada con certa esixencia, polo que se recomenda acudir con auga, gorra e, se é posible, bastóns para afrontalas con máis comodidade e seguridade.


E aviso importante: se no momento da saída continúa en vigor a alerta laranxa por calor, a andaina cancelarase por seguridade.


Tomiño en Marcha está a percorrer durante os meses de xuño e xullo as rutas do municipio, consolidándose como un plan fixo de fin de semana para quen quere coñecer o territorio, moverse ao aire libre e compartir camiño coa veciñanza.


The post Tomiño en Marcha descobre a ruta dos Buracos dos Mouros nunha andaina de 8 quilómetros appeared first on Concello de Tomiño.