Tomiño

Comunicacións

Tomiño

Tomiño descubre este domingo 28 a ruta dos Camiños da Regueira

Data de publicación: 25/06/2026

Esta andaina lineal de case 12 quilómetros e dificultade baixa é a nova proposta de ‘Tomiño en marcha’, de balde e sen inscrición previa


Doce quilómetros, tres horas e un municipio que sorprende a cada curva do camiño. Este domingo 28 de xuño, ‘Tomiño en marcha’ pecha a súa terceira fin de semana consecutiva de andainas guiadas coa Ruta dos Muíños da Regueira, un percorrido lineal de dificultade baixa e apto para todos os públicos que sairá ás 09.30 horas desde o Terreiro do Alivio.


A iniciativa, impulsada polo Concello ao abeiro da Axenda Impacto Saudable, consolídase semana a semana como un referente de fin de semana para a veciñanza que quere coñecer de primeira man os recursos naturais, paisaxísticos e culturais que agochan as parroquias do municipio, nunha experiencia accesible, saudable, de balde e sen ter que apuntarse con antelación.


As rutas do programa están dispoñibles para consultar e descargar de balde nas plataformas especializadas Wikiloc e Komoot, para quen queira preparar o percorrido ou revisitalo pola súa conta.


‘Tomiño en marcha’ continuará durante os meses de xuño e xullo percorrendo progresivamente as distintas rutas do municipio, consolidándose como unha proposta que combina natureza, benestar, deporte e coñecemento do territorio nun formato próximo e participativo.


The post Tomiño descubre este domingo 28 a ruta dos Camiños da Regueira appeared first on Concello de Tomiño.