Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Tomiño en Marcha: Ruta dos Muíños da Regueira

Fecha de publicación: 26/06/2026

Lembrámosche que este domingo, 28 de xuño, ás 09:30 h, terá lugar unha nova actividade de Tomiño en Marcha coa realización da Ruta dos Muíños da Regueira.

🌿 Ruta guiada, gratuíta e sen inscrición previa.
🥾 Percorrido lineal de 11,66 km.
⏱️ Duración aproximada: 3 horas.
🟢 Dificultade baixa.

📌 Punto de saída: Torreiro do Alivio.

🗺️ Como chegar: https://maps.app.goo.gl/9e91guLTZEvhfrrs5

Acompáñanos nesta ruta para descubrir o patrimonio etnográfico e natural de Tomiño, percorrendo antigos muíños e fermosos recunchos á beira da auga nunha mañá de natureza, historia e benestar. Agardámoste!

#TomiñoEnMarcha #TomiñoSaudable #DescubreTomiño