Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Tomiño en Marcha: Ruta do Río Penís e Viñedos

Fecha de publicación: 19/06/2026

📍 Tomiño en Marcha | Ruta do Río Penís e Viñedos

Lembrámosche que este domingo, 21 de xuño, ás 09:30 h, terá lugar unha nova actividade de Tomiño en Marcha coa realización da Ruta do Río Penís e Viñedos.

🌿 Ruta guiada, gratuíta e sen inscrición previa.
🥾 Percorrido circular de 9,41 km.
⏱️ Duración aproximada: 3 horas.
🟡 Dificultade media-alta.

📌 Punto de saída: Parque da Árbore de Vilachán.

🗺️ Como chegar: https://maps.app.goo.gl/4yFZ2UPd1hZgyoN4A 

Descubre a riqueza paisaxística de Tomiño percorrendo sendeiros entre viñedos e espazos naturais únicos, nunha mañá perfecta para gozar da natureza e do benestar ao aire libre. Agardámoste!

#TomiñoEnMarcha #TomiñoSaudable #DescubreTomiño