Tomiño
Tomiño en marcha: Ruta da Pedra Furada
Fecha de publicación: 12/06/2026
📍 Tomiño en Marcha | Ruta da Pedra Furada
Lembrámosche que este domingo, 14 de xuño, ás 09:30 h, terá lugar unha nova actividade de Tomiño en Marcha coa realización da Ruta da Pedra Furada.
🌿 Ruta guiada, gratuíta e sen inscrición previa.
🥾 Percorrido circular de 8,69 km.
⏱️ Duración aproximada: 2 horas e 30 minutos.
🟡 Dificultade media-alta.
📌 Punto de saída: Parque de Figueiró.
🗺️ Como chegar: https://maps.app.goo.gl/eMJ5vuKke23yoMJi8
Anímate a descubrir novas paisaxes, gozar da natureza e compartir unha mañá de sendeirismo e benestar. Agardámoste!
#TomiñoEnMarcha #TomiñoSaudable #DescubreTomiño