Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

O Entroido de Goián, Festa Sostible de Galicia Suroeste 2025

Fecha de publicación: 11/05/2026

Representantes institucionais e comisións organizadoras recolleron os certificados nun acto celebrado no Rosal


 


O Entroido de Goián foi recoñecido como Festa Sostible de Galicia Suroeste 2025, un certificado que pon en valor as accións desenvolvidas para reducir o impacto ambiental das celebracións, especialmente no ámbito da prevención e xestión de residuos, o uso eficiente dos recursos e a promoción de produtos locais e de proximidade. O acto reuniu no Rosal a representantes institucionais, comisións organizadoras e entidades participantes para destacar o avance cara a un modelo de eventos máis responsables.


Durante a xornada fíxose entrega das certificacións ás festas participantes, poñendo en valor as accións desenvolvidas para reducir o impacto ambiental das celebracións, especialmente no ámbito da prevención e xestión de residuos, o uso eficiente dos recursos e a promoción de produtos locais e de proximidade.


Xunto ao Entroido de Goián do concello de Tomiño acadaron esta certificación a Festa da Lagosta e a Cociña Mariñeira de A Guarda; a Festa da Chanfaina e a Carne do Suído de Fornelos de Montes; a Festa do Xurelo Asado de Chaín en Gondomar, a da Empanada de Pan de Millo de Mos, a Festa do Viño do Rosal; a Festa da Carne de Potro de Torroña en Oia; a Festa do Choco de Redondela; a Festa da Ostra de Arcade en Soutomaior; a Festa da Cacheira en Pazos de Borbén, o Encontro de Viños da Raia de Tui, e a Festa da Arribada de Baiona, que obtivo a distinción na edición celebrada este mesmo ano.


As festas que revalidaron o seu distintivo por segundo ano consecutivo, e que ademais de manter os compromisos asumidos na primeira edición do programa, incorporaron novas accións para mellorar aínda máis a súa sustentabilidade foron a Festa dos Ovos Fritos con Chourizo de Parada en Nigrán e a Festa dos Callos do Porriño.


Ao longo do acto destacouse que o programa permitiu avanzar na incorporación de medidas concretas adaptadas á realidade das festas gastronómicas do territorio, favorecendo cambios prácticos na organización dos eventos e xerando unha dinámica de mellora continua.


Tamén se puxo en valor o papel das comisións organizadoras, cuxo esforzo foi clave para integrar criterios ambientais en celebracións con gran arraigamento social e cultural, demostrando que tradición e sustentabilidade poden avanzar da man.


Co acto celebrado no Rosal, o programa reforzou o seu papel como instrumento para impulsar un cambio real na organización de eventos no territorio, promovendo unha cultura baseada na responsabilidade, no coidado do entorno e na mellora ambiental das festas.


O programa Festa Sostible de Galicia Suroeste desenvólvese no marco PSTD A Despensa de Galicia, financiado con fondos NEXT GENERATION-UE.


The post O Entroido de Goián, Festa Sostible de Galicia Suroeste 2025 appeared first on Concello de Tomiño.