Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

O xornalista J. Benito Fernández estrea no Espazo Isaura Gómez a súa primeira novela en galego

Fecha de publicación: 01/12/2025

O recoñecido biógrafo tomiñés presenta ‘Non creo en máis vida ca esta’ publicado pola Editorial Galaxia con traducción de Perfecto Conde


Será este venres 5 de decembro ás 20.00 h con entrada libre



A literatura aterriza con forza en Tomiño. O Espazo Isaura Gómez inaugura a súa programación de presentacións literarias cunha das voces máis singulares e estudadas do panorama español, a do xornalista e biógrafo tomiñés J. Benito Fernández, que presentará este venres 5 de novembro (ás 20.00 horas) a súa primeira novela, ‘Non creo en máis vida ca esta’, nun acto con entrada libre ata completar aforo.


A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañará ao autor, xunto co escritor e xornalista Perfecto Conde, tradutor da obra ao galego, e o director da Editorial Galaxia, Xosé M. Soutullo. “Para nós é unha honra iniciar a programación de presentacións de libros no Espazo Isaura Gómez cun creador que leva o nome de Tomiño por diante en cada paso. Este encontro é o primeiro de moitos neste espazo que nestes dous primeiros meses de andaina xa se converteu en lugar de encontro para o pensamento, a creación e a palabra compartida. Para o ano o Espazo Isaura Gómez terá integrada dentro da súa programación as presentacións literarias como sinal de identidade”, salienta a rexedora.


Considerado un dos mellores biógrafos de España, J. Benito Fernández é admirado pola súa metodoloxía rigorosa e pola súa inmersión profunda na complexidade humana. A súa obra biográfica sobre figuras controvertidas e excéntricas acadou un lugar destacado na crítica literaria. Entre os seus títulos máis recoñecidos figuran ‘El contorno del abismo. Vida y leyenda de Leopoldo María Panero’ (1999), referencia obrigatoria no xénero; ‘Eduardo Haro Ibars: Los pasos del caído’, finalista do Premio Anagrama 2005; ‘El incógnito Rafael Sánchez Ferlosio’ (2017); ou ‘Gide/Barthes. Cuaderno de niebla’ (2011). Ademais, participou en obras colectivas como ‘O siñor Afranio’ ou ‘Travesías biográficas’ e editou ‘Mi cerebro es una rosa’, de Panero.


A novela que agora presenta, publicada por Galaxia, supón a súa primeira incursión na ficción, mantendo o selo introspectivo, analítico e humanista que caracteriza toda a súa traxectoria. “Para Tomiño é un orgullo abrir ao público este espazo coa voz dun creador que forma parte da nosa identidade cultural. O Espazo Isaura Gómez está pensado para dinamizar a vida cultural do municipio e fomentar actividades que nos axuden a pensar e a desfrutar colectivamente”, destaca a alcaldesa.


The post O xornalista J. Benito Fernández estrea no Espazo Isaura Gómez a súa primeira novela en galego appeared first on Concello de Tomiño.