‘As gardiás’ (Premio da Crítica de Galicia en Artes Escénicas) e ‘Brancaneves’ (Premio Max 2023) traerán ao auditorio de Goián reflexión, maxia e risas
O teatro Tomiño esta fin de semana cunha programación de premio que mestura reflexión, emoción e diversión para todas as idades con dúas propostas escénicas que encheran o escenario do auditorio de Goián de historias que conmoven, fan rir e invitan a pensar.
O sábado 29 de novembro ás 21:00 horas chegará ‘As gardiás’, de Teatro de Ningures, unha obra para público adulto que mergulla na vida de Rosa, unha muller en cadeira de rodas, e tres amigas xubiladas que loitan por manter a súa independencia fronte á proposta de ingresar nunha residencia. A peza, galardoada co Premio da Crítica de Galicia en Artes Escénicas, reflexiona sobre os coidados e o valor da comunidade, abrindo un necesario debate sobre os novos modelos de autoxestión vital. As entradas teñen un prezo de 5 euros.
Xa o domingo 30 de novembro, ás 17:30 horas, lucirá no escenario ‘Brancaneves’, de Chana Teatro, un espectáculo para todos os públicos que adapta o conto clásico ao teatro de obxectos cun enfoque cómico, poético e máxico. Esta obra, recoñecida co Premio Max 2023 ao mellor espectáculo infantil, promete encantar a grandes e pequenos a través do humor, a música e a poesía. As entradas teñen un prezo de 3 euros.
A alcaldesa de Tomiño destacou que “estas citas co teatro reflicten o compromiso do Concello por achegar á veciñanza cultura de calidade, que non só entretén, senón que tamén invita a reflexionar e a vivir experiencias únicas en comunidade”.
As entradas están dispoñibles por adiantado na aplicación Sporttia ou na taquilla do Auditorio unha hora antes de cada representación.
The post Tomiño prepárase para unha fin de semana cultural de premio appeared first on Concello de Tomiño.