Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

A segunda edición da Carreira San Silvestre Tomiñesa xa está en marcha

Fecha de publicación: 24/11/2025

Abertas xa as inscricións para participar nesta cita que sairá o 31 de decembro ás 12.00 h na Praza do Seixo


As e os participantes deberán doar un kilo de comida non perecedoira que se destinará a SOS Tomiño



O Concello de Tomiño, en colaboración coa Sociedade Atlética do Trega, invita a toda a veciñanza a participar na II Carreira San Silvestre Tomiñesa, que se celebrará o 31 de decembro ás 12.00 horas na Praza do Seixo, punto de saída e meta.


A inscrición é totalmente gratuíta, pero todos os participantes deben doar un kilo de comida non perecedoira, que se destinará a SOS Tomiño. A doazón pode entregarse xa na recollida de dorsais ou o día da carreira.


prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de decembro ás 23:59 horas, pero só as persoas que se inscriban ata o 15 de decembro recibirán unha camiseta de balde para levar no gran día. Os dorsais poderán recollerse nos días previos e a organización informará proximamente do lugar exacto.


As persoas participantes poderán elixir entre dúas opcións:



  • Andaina para a cativada e/ou familias, de 1.600 metros, pensada para desfrutar en compañía de pequenos e maiores.

  • Carreira propiamente dita, de aproximadamente 4.000 metros, para os que queiran despedir o ano correndo.


 


O evento conforma unha xornada festiva e divertida, para vir con familia, amigos ou ambos, celebrando o Nadal cos mellores complementos festivos. Ao rematar, todas as persoas participantes poderán desfrutar dun chocolate quente de balde.


The post A segunda edición da Carreira San Silvestre Tomiñesa xa está en marcha appeared first on Concello de Tomiño.