Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Tomiño aprende a observar os ceos nocturnos co novo ciclo de actividades de Galicia Suroeste

Fecha de publicación: 27/08/2025


A actividade será o venres 3 de outubro a partir das 21.00 horas. De balde con inscrición previa en galiciasuroeste.gal





Tomiño súmase á campaña para promocionar o territorio como destino turístico diferencial e participa en “Os Ceos de Galicia Suroeste”, un ciclo posto en marcha polo grupo de desenvolvemento rural con 14 actividades de iniciación á observación dos ceos, que poderán ser de balde, previa inscrición, nos vindeiros meses de setembro e outubro.





As actividades encádranse nos trámites para a certificación como destino Starlight, seguindo a folla de ruta establecida no Plan Estratéxico da entidade e no Plan de Sustentabilidade Turístico en Destino do que é órgano xestor.





Co fin de iniciar a promoción deste novo produto turístico que busca a protección, a conservación e o retorno económico para os territorios, desenvolverá saídas nocturnas realizadas por guías turísticas certificadas pola Fundación Starlight, que permitirán ás persoas interesadas descubrir unha nova forma de mirar ao ceo e iniciarse no mundo do astroturismo.





Para poder participar, a entidade abrirá o vindeiro venres día 29 de agosto a inscrición na súa web, galiciasuroeste.gal.





En Tomiño a actividade será o venres 3 de outubro a partir das 21.00 horas.





Esta actividade está enmarcada dentro das actividades de promoción do destino que anualmente desenvolve Galicia Suroeste, e conta coa financiación de Turismo de Galicia e Deputación de Pontevedra – Turismo Rías Baixas.


The post Tomiño aprende a observar os ceos nocturnos co novo ciclo de actividades de Galicia Suroeste appeared first on Concello de Tomiño.