Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Tomiño prepárase para a súa Makrofesta

Fecha de publicación: 18/06/2025


Este sábado 21 a partir das 23 h a Asociación Comisión de Festas do Alivio organiza en colaboración co Concello unha noite de música electrónica con DJs de referencia en Galicia





Tomiño converterase este sábado 21 de xuño no epicentro da música electrónica galega. A explanada do Alivio acollerá, a partir das 23.00 horas, a Makrofesta, unha noite cargada de ritmo, luces e sons que contará cun cartel de luxo protagonizado por algúns dos DJ’s máis destacados do panorama galego.





Kike Varela, Taydleon, BrokkTT, Jorge Álvarez, DJ Charlie e Shameless subirán ao escenario para facer bailar ao público nun evento organizado pola Asociación Comisión de Festas do Alivio coa colaboración do Concello de Tomiño. As entradas xa están á venda cun prezo único de 10 euros.





“A mocidade de Tomiño merece espazos de ocio seguros e de calidade, que combinen diversión con bo ambiente. Esta Makrofesta é unha oportunidade perfecta para gozar da música electrónica en directo sen saír do municipio”, destaca a alcaldesa Sandra González, quen puxo en valor o traballo organizativo da Comisión de Festas do Alivio.





O evento súmase ao calendario de actividades culturais e festivas que animan os meses de verán en Tomiño, cunha proposta novidosa que aposta por estilos actuais e pola dinamización da mocidade. 


The post Tomiño prepárase para a súa Makrofesta appeared first on Concello de Tomiño.