Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Tomiño disporá dun camión para recollida de biorresiduos de grandes produtores, doutro para voluminosos e dun punto limpo móbil

Fecha de publicación: 12/05/2025

O Concello de Tomiño poderá ofrecer un servizo melloradode recollida de voluminosos e enseres, así como aqueles especiais que non se poden desbotar nas fraccións maioritarias, tales como, pinturas, aerosois, tóner de impresora, pequenos electrodomésticos, etc. Trátase dun camión eléctrico que poderá mover o punto limpo móbil para que rote polas parroquias e recoller os voluminosos e enseres a demanda, como ata agora.


O Concello de Tomiño mellorará o actual servizo de recollida de voluminosos e enseres coa implantación dun punto limpo móbil que se desprazara polas parroquias para facilitar a recollida de residuos especiais como pequenos electrodomésticos, xoguetes, aparellos electrónicos ou Cds entre outros, ademais mellorarase o actual servizo de recollida porta a porta de voluminosos coa adquisición dun camión eléctrico que se adscribirá ao servizo.


Por outro lado, poderase comezar a recollida de biorresiduos “porta a porta” a produtores singulares, como os restaurantes, cafeterías, hoteis, e outros establecementos deste tipo, que o requiran, e non poidan ser asumidos polos centros de compostaxe comunitaria ou ter un composteiro propio.


O camión será eléctrico e contará cun sistema que permite realizar a lectura do colector (que será de uso exclusivo de cada establecemento), así como a identificación do usuario ou usuaria e o rexistro das  entregas de biorresiduos efectuadas.


Estes equipamentos suporán un investimento total de 216.000 euros, financiados nun 90% pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ao abeiro das convocatorias para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.


A Concelleira de Medio ambiente, Ana Belén Casaleiro, explica que con estas axudas “xa nos vamos preparando para o novo modelo de xestión que pretendemos licitar este ano, no que o obxectivo principal é acadar as taxas de separación que nos marcan dende Europa. Os produtores singulares teñen que saber que este é un servizo que lles ofrecerá o Concello e ao que se poden adherir voluntariamente, non como no caso da separación do lixo, que é unha obriga legal”.


The post Tomiño disporá dun camión para recollida de biorresiduos de grandes produtores, doutro para voluminosos e dun punto limpo móbil appeared first on Concello de Tomiño.