Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Gran éxito do II Torneo Escolar Benéfico de Tenis en Tomiño

Fecha de publicación: 29/04/2025

O II Torneo Escolar Benéfico de Tenis xa foi unha realidade, unha iniciativa organizada polo Concello de Tomiño e a Escola de Tenis, que volveu demostrar que o deporte e a solidariedade forman un equipo imbatible.


Debido ao mal tempo, o evento trasladouse ao Pavillón de Goián, onde se deron cita máis de 70 nenos e nenas de diferentes idades, que competiron nas categorías Peques, Prebenxamíns, Benxamíns, Alevíns e Infantís.


O ambiente foi festivo e deportivo, cunha xornada marcada polo compañeirismo e o bo xogo. Todos os participantes recibiron un recordo do torneo, e ao remate da competición fixéronse entrega de trofeos e medallas aos vencedores. Ademais, realizouse un sorteo de agasallos entre todos os asistentes e serviuse unha merenda a media mañá para repoñer forzas.


O verdadeiro protagonista foi, unha vez máis, o espírito solidario da comunidade. A inscrición consistía nunha doazón de comida non perecedoira e roupa, destinadas ásasociacións “SOS Tomiño” e “Solidaridade en tus manos”, dúas entidades que realizan unha labor fundamental e constante na nosa vila, apoiando ás persoas que máis o necesitan. Representantes das dúas asociacións estiveron presentes durante toda a xornada e tamén na entrega de premios, reforzando así o vínculo entre o deporte e a acción social.


“Este tipo de eventos mostran o valor do deporte como ferramenta educativa e solidaria”, sinalaba Rubén García, concelleiro de deportes de Tomiño. “Ver a ilusión dos rapaces, a implicación das familias e a colaboración coas asociacións é un reflexo do que queremos seguir potenciando dende o Concello.”, declaraba no acto de peche.


Dende a organización agradécese enormemente a participación das familias, así como a colaboración do persoal técnico, voluntariado e entidades implicadas que fixeron posible esta xornada tan especial.


The post Gran éxito do II Torneo Escolar Benéfico de Tenis en Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.