Tomiño
Mamá, imos a Tomiño!
Data de publicación: 12/04/2025
Logo da boa acollida da campaña do Día do Pai, ADETO (Asociación Comerciantes de Tomiño)repite iniciativa con motivo da proximidade do Día da Nai sorteando tres vales para gastar en hostalería, comercio e servizos de Tomiño.
A dinámica da campaña repite a da anterior ocasión: os clientes poderán subir a foto do seu ticket de compra ao formulario presente en www.adeto.es/imos-mama e entrarán directamente no sorteo. Cada cliente poderá participar con cantos tickets desexe sempre que sexan por compras feitas entre o 12 de abril e o 4 de maio.
A campaña conta co apoio do Concello de Tomiño e o financiamento da Xunta de Galicia e convida as persoas consumidoras a achegarse a Tomiño co lema Mamá, imos a Tomiño! para desfrutar de todo o que ofrece o comercio local.
The post Mamá, imos a Tomiño! appeared first on Concello de Tomiño.