Tomiño

Comunicacións

Tomiño

Tomiño organiza nesta primavera cinco cursos orixinais, variados e diferentes

Data de publicación: 08/04/2025

O programa de cursos da OMIX Tomiño (Oficina Municipal de Información Xuvenil) aposta nesta primavera por cinco cursos variados, orixinais e diferentes, dirixidos á mocidade. Trátase concretamenteMonitor/a de Tempo Libre (xa comezado), Macramé, Elaboración de xabóns artesáns e ecolóxicos, Carretilleiro e Horta Ecolóxica. Cinco cursos xurdidos dos intereses da propia mocidade, cuxas preferencias se pescudan a través de enquisas, antes da programación dos módulos.


“Cada vez contamos con máis participación de mocidade de 16 a 25 anos, cousa que antes era máis difícil- explica a alcaldesa Sandra González- apostamos por seguir subvencionando cursos de calidade que son difíciles de atopar na contorna e así temos unha programación creativa, diferente, moderna, unha oferta de lecer e educativa que é moi ben acollida pola mocidade de Tomiño e dos municipios veciños”.


Isto pode comprobarse na rapidez coa que se esgotan as prazas nada máis facer unha convocatoria, como no curso de elaboración de xabóns, no que se anotaron 50 persoas, ou o de tecido en macramé, no que se inscribiron 40.


Nos cursos que están por empezar en breve, como o obradoiro de elaboración de xabóns, as persoas apuntadas aprenderán as técnicas básicas para elaborar xabóns con ingredientes naturais, sen químicos nin aditivos, co fin de coidar a pel e o medio ambiente.


Haberá 2 grupos co fin de fomentar a aprendizaxe: sábados 3 e 10 de maio, de 10h a 13h, o primeiro grupo, e sábados 24 e 31 de maio, de 10h a 13h, o segundo. O lugar onde se impartirá é o espazo PrazaCultura, de Goián. O prezo de todo o cursiño é de 15,00€


Por outra banda, no obradoiro Constrúe a túa horta ecolóxica,impartiranseos coñecementos necesarios para construír un bancal desde cero e poñer en marcha unha horta ecolóxica. Explorarase o uso de fertilizantes ecolóxicos e repelentes naturais, para garantir unha produción sen produtos químicos. Tamén como realizar un adecuado mantemento e planificación da horta. As prazas están case esgotadas.


A proposta formativa de primavera complétase cun curso de Carretilleiro de 20h, con matrícula aberta aínda e concibido para traballar no ámbito industrial e loxístico. Nel aprenderase a manexar de forma segura e eficiente carretillas elevadoras, cumprindo coa normativa vixente e garantindo un entorno de traballo sen riscos.A formación teórico-práctica permitirá adquirir os coñecementos necesarios sobre as técnicas de manexo, seguridade laboral, tipos de carretillas e a normativa de seguridade. Ao finalizar, obterase un título homologado que cualifica oficialmente para traballar como carretilleiro/a. As clases impartiranse de 16h a 21h os días 3, 4, 5 e 6 de xuño. No Espazo PrazaCultura (3 de xuño) daranse os fundamentos teóricos  e na Nave da Carballa, os prácticos (4, 5 e 6 de xuño). O prezo do curso é de 40 euros.


 


The post Tomiño organiza nesta primavera cinco cursos orixinais, variados e diferentes appeared first on Concello de Tomiño.