Tomiño
Tomiño crea un novo aparcamento público próximo á zona do Mosteiro e ao colexio Pedro Caselles
Data de publicación: 14/03/2025
Tomiño crea un novo aparcamento, situado ao sur do Seixo, xunto á senda peonil que comunica a Avenida Baixo Miño co Colexio Pedro Caselles Beltrán.
Con este, de 700 m2, son xa sete os estacionamentos gratuítos creados polo goberno local, cuxas prazas veñen a sumarse ás das zonas azul e branca. Todos estes aparcamentos foron situados en lugares estratéxicos ao redor do núcleo urbano, de forma que a veciñanza dispuxera de lugar suficiente para aparcar sen problemas.
“Temos unhas 150 prazas de estacionamento en zona azul, e subimos ata ás 750 en zonas brancas, máis os 7 aparcamentos disuasorios, cun total de 900 prazas de aparcamento público e de balde”, sinala o concelleiro de obras e acción rural, Alexandre Pérez Souto.
The post Tomiño crea un novo aparcamento público próximo á zona do Mosteiro e ao colexio Pedro Caselles appeared first on Concello de Tomiño.