Diego Álvarez segue a deixar a pegada na Transgalaica, unha das probas de trail máis duras e prestixiosas de Galicia. O corredor tomiñes acadou a victoria en Cercedo-Cotobade, a primeira proba das que forman parte desta esixente competición. “Sair a defender o título ante rivais tan fortes como corredor Portugués Guilherme Mota sempre supón un punto de motivación máis” comentaba Diego, “foi unha carreira difícil e competida ata os derradeiros kilómetros”.

A Transgalaica consiste nunha serie de carreiras de montaña que se desenvolven en varias etapas, cruzando algúns dos paisaxes máis fermosos e desafiantes de Galicia. As probas abranguen distancias que van dende carreiras de fondo até ultramaratóns, poñendo á proba a resistencia física e mental dos participantes.
Tras acadar a victoria na Transgalaica de 2024, o tomiñes segue demostrando a súa forza e dedicación nesta proba de tan alto nivel, deixando claro o talento e a preparación dos nosos atletas. “As sensación son moi boas e penso que encaro a tempada cun bo estado de forma, e sobre todo, con moita ilusión”, salientaba o corredor. “É un orgullo para a nosa comunidade ver como un dos nosos segue a crecer no deporte e a representar a Tomiño nos grandes eventos”, sinala o concelleiro de Deportes, Rubén García.
¡Noraboa Diego, e a seguir colleitando vitorias!
The post Diego Álvarez destaca na primeira proba da Transgalaica appeared first on Concello de Tomiño.