Álex Sierpes Pereira, atleta formado no Club de Atletismo Santa Trega, de Tomiño, foi quen de derribar o seu propio Récord Galego Sub18, na proba dos 3000 metros de pista cuberta; situándose 2º no ranking absoluto galego, a tan só 2’’ da mellor marca galega desta tempada 2025.
Co S.L Benfica, no Altice Fórum de Braga, gañou a súa serie, parando o cronometro en 8´13´´89. Fantástico inicio de tempada invernal, leva este atleta en cada aparición que fai en pista baixo teito. Ademais continúa coa súa preparación, cara ao nacional que se celebra 1 e 2 de marzo en Valencia.
Por outra banda, Sierpes interveu na III Noite Altética, participando na serie A, e asinando unha gran actuación, con 8´13´´89. Con este rexistro non tan só fai mellora de marca galega de sempre en short track, senón que realiza un tempo inferior ao da pista ao aire libre. Deste xeito superou ao lendario Manuel Nogueira Carreira, posuidor da mellor marca galega de todos os tempos en pista ao aire libre, cun rexistro de 8´15´´1; ademais, Sierpes cólase no Top 10 de España.

Foto: Alex con compañeiros de entreno.
The post Alex Sierpes bate a súa propia marca no Galego Sub18, na proba dos 3000 metros de pista cuberta appeared first on Concello de Tomiño.