Tomiño

Comunicacións

Tomiño

A OMIX TOMIÑO segue impartindo os obradoiros sobre educación afectivo-sexual no IES Alonso Ríos

Data de publicación: 28/01/2025

Así si”, o Obradoiro de Educación Afectivo-Sexual con perspectiva de xénero que está a impartir a OMIX do Concello de Tomiño (a través da consultoría “Igualadas”) no IES Antón Alonso Ríos, é o resultado dun proxecto educativo baseado no adestramento da comunicación asertiva como a primeira ferramenta que se precisa para construír relacións afectivas e sexuais sas.


Os obxetivos fundamentais destes talleres son que os e as adolescentes aprendan a identificar relacións baseadas en desigualdades e comportamentos abusivos e submisos; fomentar as relacións afectivas baseadas na igualdade e o respecto mutuo, e educar na prevención das enfermidades de transmisión sexual e dos embarazos non desexados, son outros dos obxectivos deste obradoiro.


Participación das familias


Igualadas quere convidar tamén ás familias do alumnado para que o obradoiro poida ser eficaz. “No I.E.S. Antón Alonso Ríos, coma noutros centros, atopámonos con mozas e mozos que amosan moito interese na educación afectivo-sexual, que prantexan dúbidas sobre qué é o aceptable nunha relación, sobre o porno, Only Fans, a estandarización comercial dos corpos, e/ou se o que sinten é normal. O papel de IGUALADAS no deseño e desenvolvemento deste e doutros proxectos propios é acompañar as mozas e mozos neste momento tan importante das súas vidas para que teñan unha visión clara sobre qué é violencia e, sobre todo, para que teñan claro que todo o que non é bo trato non é aceptable en ningunha relación”, explican desde a consultora.


Asemade, aseguran os técnicos e técnicas que “se falamos de educar en igualdade e rexeitar calquera forma de violencia, non nos podemos olvidar do papel fundamental das familias.O desenvolvemento deste proxecto, non tería sentido sen a participación das familias da comunidade educativa do I.E.S.Antón Alonso Ríos; por iso, aOMIX de Tomiño quere invitarvos a unha sesión- obradoiro onde imos analizar o noso papel na educación en igualdade e a prevención das violencias machistas e falaremos de cómo escoitar, valida e  e acompañar ás nosas fillas e fillos, de dar exemplo, recoñecer os nosos erros e transmitir seguridade, facilitar ferramentas e información, educar no respecto, a corresponsabilidade afectiva e poñer límites e ensinar a dicir non”.


Por todo isto, a consultora organiza unha reunión cos pais e nais, o día 7 de febreiro, de 17 a 19 horas, na Praza da Cultura (anexo do mercado de Goián).


ACTIVIDADE DIRIXIDA: ás familias de toda a comunidade educativa do I.E.S. Antón Alonso Ríos, de Tomiño.


ONDE: PRAZA DA CULTURA DE GOIÁN


CANDO: 7 DE FEBREIRO DE 2025, DE 17H A 19H


The post A OMIX TOMIÑO segue impartindo os obradoiros sobre educación afectivo-sexual no IES Alonso Ríos appeared first on Concello de Tomiño.