Tomiño

Comunicacións

Tomiño

O atleta ÁLEX SIERPES PEREIRA proclámase subcampión de España de Cros

Data de publicación: 27/01/2025

Alex Sierpes, formado no Club de Atletismo Trega, de Tomiño, proclamouse subcampión no campionato de España de federacións autonómicas 2025.

O atleta guardés fíxose coa prata na categoría sub18 masculino, coas cores da selección galega xuvenil. Este pasado fin de semana o epicentro do Cros nacional concentrouse no circuíto Cerro dos Anxos, que con este ano é a terceira vez que se conmemora este festival en Getafe (Madrid), onde se disputou este sábado para as categorías sub16 e sub18 e o domingo os sub20, sub23 e os absolutos.


O atleta do Baixo Miño, recentemente fichaxe do club Vicky foods athletics, fíxose coa prata nacional na proba sub18 masculina, onde tería que percorrer 5000 metros, no duro e esixente circuíto. A proba estivo moi rifada, desde o inicio saíuse a un fortísimo altísimo ritmo de carreira, o cal o impuxo desde o primeiro compás, o valenciano Xavi Cabanilles, rival de *Álex dos últimos anos onde o man a man entre eles empeza a ser costume. O atleta da comunidade valenciana tenso tanto a corda que el comandaba conseguindo quedar só un grupo de catro na parte dianteira distanciando ao grupo perseguidor cunha distancia considerable, canto máis empuxaba no grupo de cabeza máis se abría as distancias no cronometro, percorreron a primeira o catro integrantes da travesía pero pasando a segunda volta tan só queda o valenciano e Sierpes xogándose a carreira parecendo que había dúas carreiras paralelas con moita distancia polo medio, entre os demais atletas, algo atípico nun Nacional , pero no paso por meta na última volta grande, o Alex colleu o mando da carreira a falta de 2000 metros, antes de afrontar o tramo máis duro do circuíto, unha rampla de 80 metros e varios montículos baixando,


Álex relaxouse e a falta de 300 metros Xavi meteulle un cambio onde se fixo coa vitoria . Felicitar a Xavi e a *Álex pola gran carreira que nos fixeron deleitar, que fai que o campo a través sexa bonito e un dos alicientes do territorio español. Tamén apuntar o quinto posto por equipos conseguido por Galicia nesta categoría.


Texto e fotos: Club de Atletismo Trega de Tomiño.








The post O atleta ÁLEX SIERPES PEREIRA proclámase subcampión de España de Cros appeared first on Concello de Tomiño.