Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

A OMIX Tomiño inaugura a programación 2025 con dous cursos de costura

Fecha de publicación: 15/01/2025

Os formularios de inscrición xa están dispoñibles na páxina web do Concello


 A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Tomiño inaugura a súa oferta de actividades do 2025 con dous cursiños de costura (nivel básico e nivel avanzado).


Ambos obradoiros impartiranse os días sábados en horario de mañá e tarde, segundo o nivel escollido.


O CURSO BÁSICO DE USO DE MÁQUINA DE COSER E INICIACIÓN Á COSTURA, de 20 horas de duración, está dirixido a todas aquelas persoas que queiran aprender os fundamentos básicos da costura. En concreto, neste curso aprenderase a manexar a máquina de coser, así como as técnicas básicas de costura e poderase realizar as primeiras pezas de roupa ou complementos. O obxectivo é adquirir as habilidades necesarias para realizar costuras sinxelas e crear proxectos propios, facendo do proceso de costura unha actividade práctica e creativa.  O inicio será o sábado 25 de xaneiro, de 10.30 a 14.30 horas, tendo un prezo de 20 euros. O lugar onde se impartirá é a PrazaCultura, e o único requisito de inscrición é ter 12 anos ou máis. O formulario de inscrición debe cubrirse a través de internet, no seguinte enlace:


https://tomino.gal/formulario-de-inscricion-curso-basico-de-uso-de-maquina-de-coser-e-iniciacion-a-costura-2025/


O CURSO AVANZADO DE COSTURA E PATRONAXE terá tamén unha duración de 20 horas e está dirixido a aquelas persoas que xa teñen coñecementos básicos de costura e queren perfeccionar as súas habilidades. Impartiranse técnicas máis complexas, como a confección de proxecto de mochila con asa regulable, patronaxe e confección de saia nivel avanzado, entre outras prendas. A finalidade é adquirir a destreza necesaria para realizar proxectos máis avanzados e creativos, integrando coñecementos de patronaxe adaptados a deseños propios. Inicio: 25 de xaneiro. Horario: sábados de 15.30 a 19.30 horas. Prezo inscrición: 20€. Lugar: PrazaCultura. Requisitos de inscrición: a partir de 16 anos. O formulario de inscrición debe cubrirse a través de internet, no seguinte enlace:


https://tomino.gal/formulario-de-inscricion-curso-avanzado-de-costura-e-patronaxe-2025/


 


The post A OMIX Tomiño inaugura a programación 2025 con dous cursos de costura appeared first on Concello de Tomiño.