Un novo treito da autovía AG-42 Tui-A Guarda, que conectará Areas coa PO-350 entre Tui e Tomiño, sae a licitación. Así o anunciou onte o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto ao que asistíu a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e os rexedores de O Rosal e A Guarda, entre outras autoridades.
O proxecto contará cun investimento de máis de 17 millóns de euros e un prazo de execución de 24 meses, estando previsto o inicio das obras a mediados de 2025.
Durante o acto, Rueda, que estivo acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou que esta infraestrutura é unha mostra do compromiso da Xunta co desenvolvemento das comunicacións e a mellora da mobilidade na comarca.
O novo treito da autovía, de case 4 quilómetros, contará coas mellores prestacións para garantir a seguridade e a eficiencia no transporte e mellorará significativamente a mobilidade do Baixo Miño, facilitando os desprazamentos tanto de vehículos lixeiros como de transportistas.
![](https://tomino.gal/wp-content/uploads/2025/01/WhatsApp-Image-2025-01-10-at-10.32.261-300x169.jpeg)
The post Un novo treito da autovía AG-42 Tui-A Guarda, que conectará Areas coa PO-350 entre Tui e Tomiño, sae a licitación appeared first on Concello de Tomiño.