Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Promovendo o deporte sen barreiras, cerca de 150 atletas, portugueses e españois, participan, este sábado, na I Carreira de Reis – Trofeo Ponte da Amizade

Fecha de publicación: 09/01/2025

Promovendo o deporte sen barreiras, cerca de 150 atletas, portugueses e españois, participan, este sábado, na I Carreira de Reis – Trofeo Ponte da Amizade, promovida pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, en colaboración coa Pedal’Arte de Vila Nova de Cerveira, e a Sociedade Atlética do Trega de Tomiño.


Tendo como objetivo fomentar a igualdade de xénero no deporte, este evento transfronteirizo conta co apadrinamento dun dúo de atletas recoñecidos como son Miguel Ribeiro e Jessara Xavier.


Dez (10) kms. de atletismo en estrada é o desafío proposto a atletas federados e non federados, con idade mínima de 18 anos, nos máis diversos tramos de idade, en masculino e en feminino.


O punto de partida será a Rúa Daniel Calzado Poceiro, en Tomiño, ás 19.00 horas (PT) e a meta, estará instalada no Terreiro, de Vila Nova de Cerveira. A cerimonia de entrega de premios está prevista para as 20.30h (PT).


Enmarcada no proxecto 021 – Rede Gov Miño, financiado polo POCTEP INTERRG V-A, a I Carreira de Reis – Trofeo Ponte da Amizade pretende erradicar estereotipos, incentivando a participación igualitaria, mostrando que os desafíos e os obxectivos poden ser alcanzados independentemente do xénero. De salientar que, durante o proceso participativo da Axenda Urbana 2030, a Eurocidade Cerveira-Tomiño detetou a necesidade de coordinar as políticas de igualdade entre homes e mulleres, impulsando iniciativas que faciliten a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.



The post Promovendo o deporte sen barreiras, cerca de 150 atletas, portugueses e españois, participan, este sábado, na I Carreira de Reis – Trofeo Ponte da Amizade appeared first on Concello de Tomiño.