Tomiño
Para a mellora da mobilidade peonil na EP-3303 entre Tabagón e Goián, o goberno provincial promete achegar 710.000 euros
Fecha de publicación: 26/12/2024
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, mantivo un encontro institucional co presidente da Deputación, Luis López, no que acordaron iniciar ao longo do 2025 a tramitación do proxecto de mellora de seguridade viaria no que colaborarán ambas as administracións.
Unha reunión que serviu tamén para abordar asuntos de interese mutuo para ambas as administracións e para explorar novas vías de colaboración.
O compromiso do goberno provincial de tramitar no vindeiro ano 2025 o proxecto para a mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil nun treito de case un quilómetro entre estas dúas localidades de Tomiño, é o principal acordo da reunión mantida, e na que tamén participou tamén a deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo. Un proxecto para o que a Deputación prevé un investimento de máis de 710.000 euros e que se levará a cabo a través dun convenio de colaboración, no que a Deputación asumirá o 80 % do custo da actuación. Trátase da terceira fase dun proxecto que xa contara co apoio provincial nas intervencións anteriores.
The post Para a mellora da mobilidade peonil na EP-3303 entre Tabagón e Goián, o goberno provincial promete achegar 710.000 euros appeared first on Concello de Tomiño.