Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Unha viaxe Real en tren de máis de 8 horas

Fecha de publicación: 01/01/2025

Sairán do Parque de Pinzás ás 10 da mañá e chegarán á Praza do Seixo ás 6 da tarde


 


Faltan só uns días para que os Reis Magos cheguen a visitar a todos os nenos e nenas de Tomiño. Esta vez será moi especial, xa que As Súas Maxestades de Oriente percorrerán todas as parroquias en tren.


A saída está prevista ás 10 da mañá desde o Parque de Pinzás e a chegada á Praza do Seixo ás 6 da tarde. Aínda que nun primeiro momento estaba previstas 20 paradas, por mor da chuvia, tivo que recortarse o número das mesmas.








☔ Debido ás condicións meteorolóxicas, os Reis tiveron que axustar un pouco o seu percorrido. Pasarán por todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas que os agardan con toda ilusión, pero realizarán paradas especiais nalgúns puntos onde entregarán agasallos, tanto a pequenos, como a maiores.






📍 Saída as 10:00 dende Pinzás

📍 10:40 Terreiro San Miguel de Barrantes

📍 11:40 Centro Cultural Sta María de Tebra

📍 12:40 Pavillón de Sobrada

📍 15:30 Asociación Veciños Forcadela

📍 16:10 Centro Cultural de Estás

📍 17:00 Praza Cultura de Goián

📍 18:00 Carpa da praza do Seixo










En cada parada os Reis Magos repartirán caramelos e recollerán cartas e peticións dos nenos e nenas, para rematar celebrando unha gran festa no Seixo, última escala da viaxe.


Actividades de tarde


Paralelamente ao percorrido dos Reis Magos, haberá tamén outras actividades na tarde do domingo 5 de xaneiro, como os tradicionais cantos de reis co Bando de Reis de Bieito de Vilameán, na Praza do Seixo, e dende as cinco da tarde, animación infantil a cargo de Bea Campos. Por último, e como vén sendo habitual, celebrarase o sorteo de agasallos ao remate da recepción Real.


O concelleiro de Mocidade, Lecer e Participación Veciñal, Agustín González, convida a toda a veciñanza tomiñesa a desfrutar deste gran día de lecer e tradición, no que contaremos coa colaboración de Protección Civil e Policía Local.


 


The post Unha viaxe Real en tren de máis de 8 horas appeared first on Concello de Tomiño.