Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Once árbores de Nadal compiten na decoración da céntrica Praza do Seixo en Tomiño

Fecha de publicación: 26/12/2024

Once composicións navideñas participaron no I Concurso de Árbores de Nadal organizado polo Departamento de Medio Ambiente do Concello de Tomiño. O xurado, composto pola escultora Liliya Pobornikova; o pintor Suso Cubeiro e a concelleira de Parroquias e Educación, Cristina Martínez, tivo en conta criterios estéticos como o deseño e a creatividade, pero tamén outros como o grado de dificultade, a ambientación navideña, a orixinalidade, a iluminación e a montaxe. Tamén foron valorados aspectos tales como o uso de materiais ecolóxicos, resistentes á intemperie e ter unha altura mínima de 0,90 e máxima de 1,50 metros.


“A decisión foi moi difícil xa que todas as obras eran moi boas, polo que como xurado tivemos moitos aspectos e detalles que considerar e valorar”, explica Cristina Martínez. Ao mesmo tempo, como representante do Concello de Tomiño, manifesta o seu agradecemento pola alta participación da veciñanza e o magnífico traballo realizado.


Unha vez comprobado que as obras presentadas cumprían todos os requisitos para participar no certame, procedeuse á avaliación das propostas, quedando como composicións gañadoras as seguintes:


1º premio (600 euros): Árbore do colexio CEIP Pedro Cáselles Beltrán.


2º premio (300 euros): Árbore de María Eva Calvo Núñez.


3º premio (150 euros): Árbore de VONTADE /Asociación de persoas con discapacidade.


 Todas as árbores de Nadal poden verse na Praza do Seixo e xardíns do Concello durante as festas.





The post Once árbores de Nadal compiten na decoración da céntrica Praza do Seixo en Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.