Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Alex Sierpes convocado pola Real Federación Española de Atletismo no panel de fondo da súa categoría

Fecha de publicación: 23/12/2024

A Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A) convoca a ÁLEX SIERPES PEREIRA a Madrid, no panel de fondo categoría Sub18.


O atleta Guardés del Club Atletismo Trega de Tomiño, vén de ser convocado pola Federación Española de Atletismo para reunirse cos mellores atletas do panorama nacional actual da súa categoría, na sección do panel de fondo para o seguimiento do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva de decembro 2024 de talentos novos.


A concentración arranca o día 27 de decembro e finaliza o día 30 deste mes.


Facemos chegar dende o Concello moitos parabéns a Álex e agardamos que esta nova experiencia, sirva de aprendizaxe e crecemento na súa formación.


The post Alex Sierpes convocado pola Real Federación Española de Atletismo no panel de fondo da súa categoría appeared first on Concello de Tomiño.