Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

A Rondalla Santa Eulalia de Atios desfilará este sábado polas rúas de Tomiño levando a súa música polo centro da vila

Fecha de publicación: 19/12/2024

A Rondalla Santa Eulalia de Atios desfilará no mediodía do vindeiro sábado, 21 de decembro, polas rúas céntricas de Tomiño levando a súa música polo centro da vila.


O desfile da rondalla terá lugar entre as 12.30 e 13.30 horas, pola rúas máis céntricas da vila. Esta formación musical vén de obter o 1º premio de Abanderados, por 3º ano consecutivo, no concurso de rondallas organizado polo IFEVI, e tamén conseguiu o 1º premio no Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo 2024.


A Rondalla Santa Eulalia de Atios (O Porriño) cumprirá en 2025 o seu primeiro centenario de existencia. Na actualidade conta con preto de 100 compoñentes de todas as idades, nalgúns casos, familias enteiras, que seguen a tradición e a transmiten.


Cantante, bailador, coreógrafo, presentador, o polifacético Xisco Feijóo, este domingo, 22 de decembro a partir das 12 do mediodía, compartirá polas rúas céntricas e bares de Tomiño, panxoliñas da zona e outras cancións tradicionais, para todas as persoas que estean paseando ou tomando o vermú, animando á xente a cantar e bailar e creando un ambiente festivo propio da época de Nadal.


O polifacético músico ofrecerá un concerto participativo para cantar sobre a tradición máis renovada do noso patrimonio. A sesión está enfocada á participación do público a quen se lle convida para traer instrumentos e ferrallada para colaborar.


Xisco Feijoó ten feito un incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de trinta anos e tendo colaborado en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de proxección internacional, como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto, etc.


 


 


 


The post A Rondalla Santa Eulalia de Atios desfilará este sábado polas rúas de Tomiño levando a súa música polo centro da vila appeared first on Concello de Tomiño.