Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

O Concello organiza o domingo 15 de decembro a primeira “Papanoelada Moteira” con fins solidarios

Fecha de publicación: 12/12/2024

A Concellería de Mocidade, lecer e participación veciñal, que dirixe Agustín González, organiza para o vindeiro domingo, 15 de decembro, a que será a “I Papanoelada Moteira”, con fins solidarios. Trátase de efectuar unha recollida de alimentos non perecedoiros  para SOS Tomiño, e caramelos para os nenos e nenas das distintas parroquias tomiñesas. Ao finalizar o percorrido, haberá chocolate para todos/as os/as participantes, mentres que as persoas que asistan a ver o evento, poderán mercalo por precios populares.


A saída terá lugar ás 15.30 horas desde o Polígono de Forcadela (Ctra. Tui-A Guarda). Para poder participar na proba, todos os moteiros e acompañantes terán levar a traxe de Papá Noel, sendo este requisito imprescindible. O percorrido terá uns 30 Km., pasando polas parroquias de Forcadela, Goián, Tebra e Tomiño Centro.


As persoas que asistan como público, terán que achegar, polo menos, 1 Kg. de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño; organización sen fins de lucro, que fai chegar a comida ás familias menos favorecidas. A saída, os/as axudantes de Papá Noel repartirán caramelos para todas as nenas e nenos que asistan.


A actividade contará coa colaboración da Comparsa Estrelas da Noite, de Tomiño, que amenizará a xornada.


The post O Concello organiza o domingo 15 de decembro a primeira “Papanoelada Moteira” con fins solidarios appeared first on Concello de Tomiño.