Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Tomiño dota ao Auditorio de Goián de novos panos e sistema de seguridade

Fecha de publicación: 30/11/2024

O Concello de Tomiño vén de dotar ao Auditorio de Goián dun mellor sistema de vídeovixiancia co fin de garantir a seguridade do equipamento, o máis importante no seu tipo que posúe o municipio. A instalación do sistema de seguridade tivo que levarse a cabo en sucesivas intervencións.


O sistema de alarma instalado é un sistema que ofrece gran variedade de detectores cun deseño atemporal e pode ser manexado desde calquera lugar grazas ao seu acceso completo por control remoto, xa que conta cunha aplicación para Smartphone que permite controlar, programar e monitorizar o sistema de forma virtual.


O concelleiro encargado da área de Obras, Acción Rural e Novas Tecnoloxías, Alexandre Pérez Souto explica que “Tomiño segue apostando pola modernización do auditorio de Goián; e por iso instalouse un novo sistema de videovixilancia para mellorar a seguridade. Cada vez hai máis e mellor equipamento no auditorio, polo que tamén precisamos un maior control do mesmo”.


Por outra banda, mellorouse o escenario coa instalación dun pano traseiro e dous laterais. “Co paso do tempo as cortinas fóronse deteriorando ata que foi necesaria a súa substitución. As novas son de maior calidade, ignífugas e, como novidade, pódense abrir e pechar con facilidade en función das necesidades de cada tipo de evento, facendo o escenario máis versátil.


O investimento total foi de 31.351,23€, dos que a Consellería de Cultura achegou 11.500 e o resto correu a cargo do Concello, con fondos propios.


O edificio do auditorio de Goián foi remodelado no 2015. As reformas consistiron no


acondicionamentodos espazos exteriores do auditorio, como da escola de música, e a ampliación do vestíbulo,novos camerinos, impermeabilización dos espazos que ocupa a escola de música, e un acceso dende o exterior ao escenario.


No 2021 adquiriuse equipamento de son, audiovisual e iluminación da platea e doescenario.


Actualmente, o Auditorio atópase en funcionamento, cunha programación cultural activa. “O edificio do auditorio contén por tanto equipamentos de contía significativa: equipos de son,


iluminación, imaxe, instrumentais, etc., polo que resulta conveniente e necesario dotalo dunha


instalación de seguridade apropiada.


Na última remodelación que se fixo, no 2021, levouse a cabo unha ampliación do escenario, quedando pendentes a adquisición de novos panos, que se fixo agora.


 


 


The post Tomiño dota ao Auditorio de Goián de novos panos e sistema de seguridade appeared first on Concello de Tomiño.