Tomiño
A Agrupación Musical de Goián celebra o vindeiro sábado 30 o Concerto de Santa Icía
Fecha de publicación: 28/11/2024
A
Agrupación Musical de Goián celebra o seu tradicional Concerto de Santa Icía 2024 o vindeiro
sábado 30 de novembro ás 19.30 horas, no Auditorio de Goián.
Baixo a dirección artística do mestre Pedro Villarroel, o concerto contará tamén coa participación da Banda Xuvenil, que será a encargada de abrir o concerto e, de seguido, continuará a Agrupación Musical de Goián. Ademais, como cada ano, presentaranse as novas incorporacións á agrupación e bandas.
No Auditorio de Goián
Ás 19:30 horas
Máis información:
Escola oficial de Música de Goián, Tomiño.
+34 626 79 96 23
info@bandadegoian.gal
The post A Agrupación Musical de Goián celebra o vindeiro sábado 30 o Concerto de Santa Icía appeared first on Concello de Tomiño.