Tomiño

Comunicacións

Tomiño

A Agrupación Musical de Goián celebra o vindeiro sábado 30 o Concerto de Santa Icía

Data de publicación: 28/11/2024


A Agrupación Musical de Goián celebra o seu tradicional Concerto de Santa Icía 2024 o vindeiro sábado 30 de novembro ás 19.30 horas, no Auditorio de Goián.




Baixo a dirección artística do mestre Pedro Villarroel, o concerto contará tamén coa participación da Banda Xuvenil, que será a encargada de abrir o concerto e, de seguido, continuará a Agrupación Musical de Goián. Ademais, como cada ano, presentaranse as novas incorporacións á agrupación e bandas.









📍 No Auditorio de Goián

⏰ Ás 19:30 horas







Máis información:

Escola oficial de Música de Goián, Tomiño.

+34 626 79 96 23

info@bandadegoian.gal



The post A Agrupación Musical de Goián celebra o vindeiro sábado 30 o Concerto de Santa Icía appeared first on Concello de Tomiño.