Tomiño
ESTE ANO EN TOMIÑO IMOS VIVIR O NADAL MÁIS ESPECIAL
Fecha de publicación: 11/11/2024
O NADAL MÁIS ESPECIAL
Dende o Concello de Tomiño, animamos a toda a poboación a participar no
I CONCURSO DE ÁRBORES DE NADAL, para que a Praza do Seixo sexa decorada, tamén, pola veciñanza.
PARTICIPANTES
PRAZO ABERTO entre os días 11 de novembro e 11 de decembro, inclusive.
A cada grupo seralle asignado un número, por orde de inscrición. Ademais, para facer efectiva a participación no concurso, antes do 18 de decembro, será necesario enviar ao correo: tecnica.medioambiente@tomino.gal
. Unha fotografía da árbore presentada con calidade suficiente, xunto cun pequeno texto descritivo da proposta e dos materiais utilizados.
. Copia do DNI de todas as persoas participantes no grupo.
. O número asignado a cada proxecto terá que constar anclado de xeito seguro e plastificado en cada árbore de Nadal presentada.
O PREMIO consistirá en tres cheques económicos:
1º Premio – 600€
2º Premio – 300€
3º Premio – 150€
The post ESTE ANO EN TOMIÑO IMOS VIVIR O NADAL MÁIS ESPECIAL appeared first on Concello de Tomiño.