Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

Tomiño, cara a cara co absurdo con Ibuprofeno Teatro

Fecha de publicación: 06/11/2024

Entradas á venda unha hora antes do espectáculo



Entreter e facer rir ao público con cuestións e dilemas que ocupan ás e aos grandes pensadores contemporáneo. Ese é o obxectivo de ‘Deadpan Karaoke’, o espectáculo co que Ibuprofeno Teatro chega este sábado 9 de novembro ao auditorio municipal de Goián ao abeiro do ciclo para persoas adultas posto en marcha polo Concello para achegar o teatro e o lecer de forma asequible a toda a veciñanza.


Ibuprofeno Teatro chega a Tomiño cun espectáculo unipersonal de carácter participativo co absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine como ingredientes principais. Unha obra dirixida por Patricia Rodríguez e con Marián Bañobre sobre o escenario cun personaxe incapaz de sentir e expresar emoción que coas súas accións e grazas á contextualización consegue facer accesibles e divertidas cuestións como vitais da sociedade actual.


A cita será ás 21.00 horas e as entradas para acudir ao espectáculo terán un prezo de 5 euros por persoa. As e os interesados poderán mercar as súas entradas de forma presencial no despacho de billetes do propio auditorio municipal de Goián dende unha hora antes do inicio da obra.



The post Tomiño, cara a cara co absurdo con Ibuprofeno Teatro appeared first on Concello de Tomiño.