Tomiño

Comunicaciones

Tomiño

TOMIÑO MODERNIZA A SÚA PLATAFORMA DE XESTIÓN DE INCIDENCIAS

Fecha de publicación: 11/06/2024

Modernizamos a nosa plataforma de xestión de incidencias para seguir mellorando o acceso da veciñanza aos servizos municipais!

A App Meu Concello substituirá xa á actual Liña Verde, ofrecendo as mesmas funcionalidades cun aspecto máis renovado, fresco, actual e intuitivo. É totalmente gratuíta.

Toma nota!

Hoxe martes pola tarde deixa de funcionar a #LiñaVerde. Todas as incidencias comunicadas seguirán tramitándose na nova plataforma.

Mañá mércores 12 ás 08.00 h xa estará dispoñible #MeuConcello na tenda de aplicacións do móbil ou a través da web.