Tomiño

Comunicacións

Tomiño

Protección Civil de Tomiño renova a súa directiva

Data de publicación: 04/02/2026

O Concello mantivo un encontro cos novos integrantes, membros veteranos da asociación que apostarán pola prevención e a continua colaboración



escribe post para redes sociale del concello de tomiño, en gallego, breve, atractivo, con emoticonos, visualmente muy atractivo, con un lenguaje que atrape al lector, teniendo en cuenta la siguiente info: dende a comandancia da Mariña dan aviso de precaución antes as crecidas do Miño e agluentes Ante as choivas 🌧 intensas previstas para os vindeiros días, ➡ espérase un aumento significativo ⬆ do caudal do río Miño e de todos os seus afluentes. 👉 A situación pode verse agravada polos vertidos dos encoros, que están ao límite da súa capacidade. Las lluvias persistentes de las ultimas semanas han saturado los suelos de la cuenca hidrografica del Miño-Sil. Las lluvias torrenciales de la pasada semana han producido que los embalses se encuentre al limite de su capacidad, por lo que no tienen capacidad de laminación (retención). Todas las lluvias escurren hacia el rio Miño y los embalses actuan transmiten directamente A experiencia dá un paso adiante para seguir garantindo a seguridade de tomiñeses e tomiñesas. O Concello mantivo un encontro coa nova directiva da Agrupación de Protección Civil, integrada por membros veteranos da asociación que asumiron con ilusión e compromiso a responsabilidade de liderar esta nova etapa co obxectivo de reforzar a prevención e seguir traballando pola protección da cidadanía.


A nova directiva está presidida por Ismael Silva Calvo, acompañado por Carlos Pereira Matías como vicepresidente, Juan José Rodríguez Blanco como secretario, Víctor Murga Conde como tesoureiro e Iván Fernández Fernández como vocal. Un equipo que coñece de primeira man o funcionamento da agrupación e que afronta este reto coa vontade de consolidar e mellorar o labor que Protección Civil desenvolve no municipio.


Durante o encontro, o Concello trasladou o seu agradecemento a todas as persoas que decidiron asumir esta responsabilidade. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou que “é moi importante que haxa xente con experiencia e vocación que dea este paso adiante. A seguridade da veciñanza tamén se constrúe con compromiso, prevención e traballo en equipo e desde o Concello imos seguir colaborando en todo o que sexa necesario”.


A rexedora subliñou tamén que o Concello mantén un diálogo permanente coa agrupación para avanzar na mellora das instalacións, da frota de vehículos, do material e dos recursos que sexan necesarios co fin de garantir que Protección Civil conte coas mellores condicións posibles para desenvolver o seu labor.


Pola súa banda, o concelleiro de Participación Veciñal, Agustín González, puxo en valor a disposición da nova directiva para traballar de maneira coordinada co Concello. “A colaboración e a prevención van ser unhas das liñas fundamentais desta nova etapa, algo clave para anticiparnos ás emerxencias e seguir ofrecendo un servizo próximo e eficaz á veciñanza”


A nova dirección de Protección Civil manifestou a súa vontade de continuar coa implicación activa da agrupación na vida do municipio, reforzando a formación, a prevención e a resposta ante incidencias, sempre en coordinación cos servizos municipais e as forzas de seguridade.


Con este encontro, o Concello de Tomiño reafirma o seu compromiso coa seguridade e coa participación cidadá, recoñecendo o valor do voluntariado e apostando por unha Protección Civil forte, preparada e próxima á veciñanza.


The post Protección Civil de Tomiño renova a súa directiva appeared first on Concello de Tomiño.