Tomiño

Comunicacións

Tomiño

Tomiño prepárase para a chegada do Nadal con música e tradición

Data de publicación: 15/12/2025

A Rondalla do CVC de Valladares e a Agrupación Musical de Goián protagonizan unha fin de semana cultural para todas as idades



O espírito do Nadal invadirá Tomiño esta fin de semana cunha programación cultural que combina tradición, música e emoción para toda a veciñanza.


O sábado 20 de decembro, as rúas do municipio encheranse de música e panxoliñas grazas á Rondalla do Centro Veciñal e Cultural de Valladares. Este grupo, que recentemente obtivo o I premio no III Concurso de Rondallas do IFEVI de Vigo no apartado de abandeirados, desfilará de 11.30 a 13.00 horas ofrecendo un espectáculo gratuíto para todos os públicos.


Xa o domingo 21, será a quenda da Agrupación Musical de Goián co seu tradicional Concerto de Nadal no Auditorio Municipal de Goián, ás 19.00 horas, con apertura de portas ás 18.30. Un espectáculo que pecha o ano con emoción, maxia e sorpresas, no que participarán músicos e coros locais baixo a dirección de Javier Alonso Pérez.


Con estas propostas, o Concello de Tomiño reforza a súa aposta pola cultura de proximidade, por unha programación accesible e participativa, que achega á veciñanza momentos de encontro e alegría nestas datas tan sinaladas.


The post Tomiño prepárase para a chegada do Nadal con música e tradición appeared first on Concello de Tomiño.