Tomiño

Comunicacións

Tomiño

O Concello de Tomiño contratará a 3 persoas desempregadas ou en mellora de emprego ao abeiro do programa ‘+Emprega nos concellos 2025’, cofinanciado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Data de publicación: 25/11/2025

Nestes días solicitaranse os perfís profesionais na Oficina de Emprego de Tui


O Concello de Tomiño incorporará este ano ao seu persoal a tres persoas desempregadas ou en mellora de emprego ao abeiro do programa ‘+Emprega nos concellos 2025’, un plan para o fomento da empregabilidade para persoas con titulación universitaria ou de ciclo superior da formación profesional recente. Xa está pendurado no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica municipal o documento cos perfís profesionais requiridos que se solicitarán nos vindeiros días na Oficina de Emprego de Tui, que será a que realizará a sondaxe previa ao proceso selectivo.


O inicio dos contratos está previsto para o 15 de xaneiro de 2026 e terán unha duración dun ano a tempo completo. As persoas candidatas ademais de estar inscritas como demandantes de emprego ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego, deben cumprir os demais requisitos da convocatoria, como estar en posesión da titulación solicitada no prazo indicado ou empadroados preferiblemente en Tomiño ou noutro concello da provincia, entre outros.


Nesta ocasión búscase unha persoa co Grao en publicidade e relacións públicas para a colaborar na organización, promoción e análise da participación nos eventos e actividades que organiza o Concello ao longo do ano, control da publicidade das subvencións e elaboración de contidos audiovisuais promocionais.


Unha persoa co Grao en Grao universitario en dereito, para colaborar no asesoramento a persoas emprendedoras e pequenos negocios, na captación e xestión de recursos que contribúan ao desenvolvemento local e na xestión destes recursos e das políticas activas de emprego.


Unha persoa con Ciclo Superior de Administración e Finanzas, destinada á área de Intervención, para colaborar nas tarefas de control de gastos e ingresos, tarefas previas ao rexistro contable e a elaboración de táboas de excel para analise de gastos e ingresos, etc.



The post O Concello de Tomiño contratará a 3 persoas desempregadas ou en mellora de emprego ao abeiro do programa ‘+Emprega nos concellos 2025’, cofinanciado pola Deputación Provincial de Pontevedra. appeared first on Concello de Tomiño.