Tomiño

Comunicacións

Tomiño

Volveron os Sábados con Sabor ao Mercado de Tomiño

Data de publicación: 06/06/2025

Volvero os Sábados Con Sabor ao Mercado de Tomiño. Unha fórmula única que ofrece, a partir da unha da tarde, tapas de calidade para compartir, elaboradas con produtos galegos de tempada, vermú e música en directo de grupos orixinais. O ciclo arrancou a pasada fin de semana coa actuación do grupo musical Allo Negro.


A segunda proposta do ciclo será o sábado 7 de xuño, con Terapia de Grupo, formación musical composta por Jairo Villar, Anxo Morales e a moza tomiñesa (Tebra) Lara Villaverde. Amplo e variado repertorio con versións de diferentes épocas e estilos, como pop español e latino, rumba, folk irlandés, música galega, bandas sonoras, etc. Nesta segunda sesión vermú, as tapas serán tamén moi atractivas, con croquetas variadas, montadiños de picaña e flan.


O ciclo pecharase a última fin de semana de xuño coa actuación o sábado 28 de Weli Kings, música en directo na sesión vermú acompañada de tapas como empanada, costela de porco con patacas, guiso de polbo e sepia con garabanzos e tosta crocante de porco.


 


The post Volveron os Sábados con Sabor ao Mercado de Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.