O pavillón de Goián acollerá este sábado 7 de xuño, a partir das 19:00 h, unha emocionante velada de boxeo baixo o título Spartans Fight Night. O evento está organizado polos clubs Spartan Team e CKM Combat, e conta, unha vez máis, coa colaboración do Concello de Tomiño para facer posible unha nova noite de boxeo no municipio.
A programación inclúe un total de 11 combates: 7 de boxeo olímpico, 3 en categoría neoprofesional e un combate profesional como peche estelar da noite.
Nos combates olímpicos participarán:
- Enya Figueroa(Spartan Team) vs Iris Ruibal (SKT de Noia), en 48/49 kg.
- Manu Hermida(CKM Combat) vs Miguel González (Kick&Box Salceda).
- Henar Barbosa(Spartan Team) vs Antía Fernández (Club 10oz de Vigo), en 45 kg.
- Jaime Recasens(Spartan Team) vs Roberto Alonso (Luciano Team), en 75 kg.
- Bruno Bana(CKM Combat) vs Emmanuel Hernández (Club 10oz de Vigo), en 85 kg.
- Luis Mercedes(Spartan Team) vs Anxo Pérez (Luciano Team), en 70/71 kg.
- Laura Mendivil(CKM Combat) vs Lucía Vázquez (A Fouteza de Vigo).
Na categoría neoprofesional, destacan os seguintes combates:
- Filipe Amoedo(Spartan Team) vs Richar Borja (Flow Combat), en 72 kg.
- Álex Castro(CKM Combat) vs Branyel Suárez, en 67 kg.
- Adrián Conde(Luciano Team) vs Martín Marqués (Asociación Xuventude de Viana), en 75 kg.
O combate estelar da noite será protagonizado polo goianés Charly López, do Spartan Team & Planasbox, que se enfrontará ao púxil arxentino Luis Commiso. O combate será na categoría superwelter (69,800 kg) e disputarase a seis asaltos. Un gran reto para Charly, que buscará sumar unha nova vitoria profesional ante a súa xente.
As entradas anticipadas están dispoñibles en Goián (Bar Vaya Punto e Spartan Team), Tomiño (Nova Colina e Olalá) e Tui (Central Tui). A Spartans Fight Night promete ser unha noite inesquecible para os afeccionados ao boxeo e ao deporte local.
The post O boxeo regresa a Goián coa Spartans Fight Night este sábado 7 de xuño appeared first on Concello de Tomiño.