Tomiño

Comunicacións

Tomiño

Tomiño enche a súa axenda de verán con máis de 30 propostas lúdicas e culturais

Data de publicación: 04/06/2025

Concertos en igrexas románicas, festivais de bandas de música, espectáculos de rúa con maxia, teatro e monicreques, contacontos, cine e artes circenses; cursos, obradoiros e rutas polo patrimonio e a natureza, compoñen os catro ciclos nos que se divide a axenda de verán 2025: Son&Serán, Música&Románico, PequeVerán e OAlivio. Unha morea de actividades para distintos públicos que non deixarán indiferente a ninguén.


A axenda arranca no mes de xullo, inaugurándoa (venres 4) o concerto da soprano viguesa Beatriz Riobó na Igrexa de San Vicente de Barrantes, acompañada pola organista Marta Barreiro e o guitarrista José Manuel Barbosa. Tamén participarán neste ciclo, noutras datas, o conxunto de músicaa galega “Lulavai” (18 de xullo) e Álvaro Iglesias Trío (24 de xullo).


O sábado 5 de xullo tempo tamén para o deporte, co Gladiator Race Junior, carreira de obstáculos no Espazo Fortaleza de Goián, para persoas de entre 3 e 17 anos. Ese mesmo día, de 10 a 12 da mañá, primeira etapa (Amorín) das catro rutas “As pegadas do pasado no presente”.


Tamén en xullo terá lugar o Encontro de Bandas de Música de Goián; a IV edición Operación Triunfiño e o XXX Encontro dos Pobos.


En agosto haberá tres propostas de cine familiar e os espectáculos Títeres Alakrán, Cris Collazo, Cris de Caldas, Peterpunk e concerto da Agrupación Musical de Goián, entre moitas outras.


A axenda completa pode consultarse no seguinte link:


https://tomino.gal/wp-content/uploads/2025/05/veran-2025-en-tomino.pdf


 


      


The post Tomiño enche a súa axenda de verán con máis de 30 propostas lúdicas e culturais appeared first on Concello de Tomiño.