Tomiño

Comunicacións

Tomiño

Escolares de primaria crean pontes culturais e lingüísticas entre España e Portugal

Data de publicación: 28/05/2025

O Auditorio da Bienal de Vila Nova de Cerveiraacolleu a semana pasada o Encontro Final do ProxectoEscolas Bilingües e Interculturais de Fronteira, no que participaron o alumnado do Centro Escolar de Vila Nova de Cerveira e o CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, Tomiño presentando a súaproposta do Día da Multiculturalidade.


A actividade enmárcase no “PEBIF” (Proxecto Escolas Bilingües e Interculturais de Fronteira) que é unha iniciativa transfronteiriza que busca fomentar a cooperación entre España e Portugal no ámbito educativo, social e económico; especialmente nas zonas de fronteira entre ambos os países.


Os obxectivos clave desteproxectoinclúenpromover o bilingüismo e a interculturalidade, impulsando a aprendizaxe das linguas española e portuguesa e o coñecemento das culturas de ambos os países; crear unha rede de escolas de fronteira, establecendounha colaboración sólida entre centros educativos a ambos os lados da fronteira para facilitar intercambios e experiencias compartidas, contribuíraodesenvolvemento educativo, social e económico,buscando mellorar as oportunidades das poboacións fronteirizas a través dunha educación de calidade que inclúa competencias bilingües e interculturais, relevantes para a cidadanía e a empregabilidade en ambos os países.


Outro dos obxectivos clave da iniciativa transfronteiriza é fomentar a intercomprensión, desenvolvendo a capacidade dos alumnos e alumnas para entenderse mutuamente, mesmo cando falan linguas diferentes, facilitando a comunicación e a colaboración.


Esta iniciativa enmárcase dentro da importancia da colaboración transfronteiriza como exemplo de cooperación educativa pode fortalecer os lazos culturais e profesionais, así como o desenvolvementorexional e busca que as escolas de fronteira non sóensinen, senón que tamén actúen como pontesculturais e lingüísticas entre España e Portugal.


“No noso proxecto, que versaba sobre a multiculturalidade das nosas escolas e da posta en valor das mesmas, participaron 102 alumnos e alumnas e 6 profesores/as da Escola de Vila Nova de Cerveira, así como  66 alumnos/as e 5 profesores do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián”, explicou Aurea Carballo Ansia, directora do centro.


O alumnado deu a coñecer as distintas nacionalidades presentes na súa escola; incorporou ao seu vocabulario activo termos das outras linguas, intercambiou e ilustrou lendas, coñeceu as bandeiras, os bailes e traxes típicos dos dous países, e ata elaborou e degustou receitas de ambos os dous países“En definitiva, vivenciaron a multiculturalidade, interactuando, comprendendo e participando dun entorno onde coexisten diferentes tradicións, idiomas e formas de vida”, sinalou Carballo.


Como peche do proxecto celebrouse no Auditorio da Bienal de Vila Nova de Cerveira, o devandito encontro coincidindo co día da Multiculturalidade,no que houbo tamén unha exposición con postos dos diferentes países, no que se presentou todo o material traballado durante o proxecto, pero tamén foi unha oportunidade de convivencia, de degustación da gastronomía e de compartir xogos tradicionais entre ambas escolas.

No mes de xuño, unha representación do profesorado de ambas as dúas escolas, irá a Bragança a expoñer o traballo realizado e a compartir a experiencia con docentesdo Proxecto PEBIF do resto de  comunidades autónomas  da “raia”.



The post Escolares de primaria crean pontes culturais e lingüísticas entre España e Portugal appeared first on Concello de Tomiño.