Tomiño
BOS RESULTADOS PARA MANU OCHOA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE CAIAC CROSS
Data de publicación: 20/05/2025
Este domingo, o teixugo Manuel Ochoa, regresou a canle de Vaires sur Marne, sede dos xogos olímpicos de París, para disputar o Campionato Europeo de Caiac Cross. A Federación Internacional de Piragüismo
cambiou o sistema de competición desta espectacular modalidade, facendo dobre competición, por un lado a contra reloxo que agora pasa a ser caiac cross individual e por outro os enfrontamentos.
Manu Ochoa comezou con moi bo pé a proba individual onde quedou cuarto a cinco centésimas de acadar o bronce e a medio segundo do primeiro clasificado. Con este gran tempo pasou aos octavos de final dos
enfrontamentos en moi boa posición. Superou octavos con algunhas complicacións e chegou cuartos onde comezou con mal pé, recuperando e chegando a poñerse segundo na metade do circuíto, pero un fallo nunha das portas, volveu obrigalo a remontar, entrando último e quedando fora de semifinais.
Rematou esta segunda competición nun destacado décimo terceiro lugar. Non é un mal comezo para Ochoa nesta estrea da tempada internacional oficial co equipo español, que xa se está a preparar para a súa seguinte cita o 8 de xuño na primeira copa do mundo na Seu d ́ Urdell.
Moita sorte nesta nova tempada Manu, Tomiño está contigo!
The post BOS RESULTADOS PARA MANU OCHOA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE CAIAC CROSS appeared first on Concello de Tomiño.