O Concello de Tomiño vén de resolver a convocatoria anual de subvenciónsdirixidas a entidades locais sen ánimo de lucro que desenvolven actividades sociais, culturais e deportivas, así como a deportistas individuais. Este ano, a contía total ascende a 100.000 euros en axudas directas, unha cifra que reflicte o forte compromiso do Goberno local cotecido asociativo tomiñés.
O prazo para presentar solicitudes estivo aberto ata o pasado 11 de abril. Do total repartido, 15.000 euros foron destinados a 10 asociacións de carácter social, 30.000 euros a 25 entidades culturais e 55.000 euros a 11 clubs e asociacións deportivas locais e 22 deportistas individuais.
Estas subvencións representan sóunha das moitas formas de apoio que o Concello ofrece ásasociacións e colectivos do municipio. O Goberno local mantén un contacto constante coas entidades sociais, culturais e deportivas, traballando da man con elasao longo de todo o ano para dar respostaássúas necesidades e facilitar o desenvolvemento das súas actividades.
“Estas axudas directas son unhaferramenta fundamental para garantir que as asociacións e deportistas tomiñesespoidan seguir impulsando proxectos que enriquecen a vida social, cultural e deportiva do nosoconcello. Pero ademais delas, existe un traballo continuo de colaboración e apoio que mantemos dende o Concello para acompañalos no seu día a día”, explica a alcaldesa, Sandra González.
O Concello de Tomiño continúa así a consolidar unha rede activa de colaboración cotecido asociativo, fomentando a participación cidadá, a inclusión social, a cultura e o deporte local, tanto en modalidades colectivas como individuais, e favorecendotamén a súapresenza en competiciónsoficiais a nivel rexional, nacional e internacional.
The post O Concello alcanza os 100.000 euros en axudas directas a entidades sociais, culturais e deportivas do municipio appeared first on Concello de Tomiño.