A Coral Polifónica de Tomiño e, como convidada, a Coral Cantemos, de Salvaterra do Miño, ofrecerán o vindeiro domingo de Pascua, 20 de abril, un concerto moi singular, no Auditorio Municipal (Goián).
Ás 19.00h comezará a función, totalmente de balde, na que a coral tomiñesa ofrecerá un programa de luxo baixo á batuta de David González.
Entre as pezas musicais que interpretarán atópanse as seguintes: “Hermosa “, de Rey Rivero.
Viento del norte, dos Hermanos Agüero; “Himno de San Campio”, de Torres Creo; “Ti viras”, de Ademar Álvarez, e “A virxe de portovello”, de Manuel de Dios.
Ao final cantarán as dúas corais xuntas. “Enamorada do mar”, de Rafael Mallo; “Fisterra”, Letra Magoia Bodega. Traxadura, e “Os amigos así”, de El Puma con arreglos de Juan Bande.

The post A Coral Polifónica de Tomiño ofrecerá o vindeiro domingo de Pascua, o seu concerto de Primavera no Auditorio Municipal appeared first on Concello de Tomiño.