Tomiño

Comunicacións

Tomiño

O CLUB DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS, GAÑADOR DA 2ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM

Data de publicación: 14/04/2025

No embalse de Verducido tivo lugar este domingo a 2ª  das Copas Galegas de Promoción de Slálom, na que os máis pequenos da comunidade autónoma estiveron medindo as súas habilidades na auga.



O Club Deportivo Miño-Teixugos participou cun equipo de trece deportistas que tiveron un papel máis que destacado.


En C1 Infantil Feminino, Nerea Álvarez fixo a mellor manga con diferencia, gañando a proba, a medalla de prata foi para Leila Álvarez.


Nerea volveu acadar outro ouro en K1 feminino, nun podio totalmente teixugo, no que Catalina Sánchez rematou segunda e Leila Álvarez terceira. Na mesma categoría Rita Olveira foi cuarta e   Beatriz Sánchez, quinta.


En K1 feminino benxamín, Iria Álvarez gañou a proba, conseguindo unha nova medalla de ouro.


En K1 infantil masculino Lois Montenegro, rematou terceiro, conseguindo o bronce; Izan Vicente foi cuarto,  Alejandro Barreiro sétimo e Leo Álvarez octavo.


En K1 alevín Roque Olveira gañou a proba facéndose co ouro e Martín Vicente rozou o podio ao rematar cuarto.


En K1 benxamín, Brais Vicente tamén se impuxo, acadando un novo ouro para o club.


 Gran actuación, cun total de nove medallas, para o Deportivo Miño: cinco de ouro, dúas de prata e dúas de bronce.


Na puntuación final por equipos, os Teixugos foron os gañadores da proba con 259 puntos, o Club Piragüismo Penedo-Te Importa de Tui e o Montaña Quixós de Monforte foron segundos e terceiros, respectivamente.


Texto e fotos: Rosa Fernández Carrera.

The post O CLUB DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS, GAÑADOR DA 2ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM appeared first on Concello de Tomiño.