Tomiño
acuBam (Asociación Cultivos do Baixo Miño), en colaboración co Concello, organiza hoxe unha reunión presencial sobre “SEGUROS AGRARIOS: Protección esencial para a agricultura do Baixo Miño”.
Data de publicación: 10/04/2025
acuBam (Asociación Cultivos do Baixo Miño), en colaboración co Concello, organiza hoxe unha reunión presencial sobre “SEGUROS AGRARIOS: Protección esencial para a agricultura do Baixo Miño”.
A charla informativa será esta tarde de 17.00 a 18.00h, no Salón de Plenos do Concello de Tomiño.
Contarase coa participación dos expertos:
-Javier Suarez, promotor agropecuario Mapfre Galicia.
-Marcos Casaleiro, asesor clientes Mapfre
Resumo dos temas para tratar:
1.Introdución aos seguros agrarios
Que é un seguro agrario? Marco normativo e funcionamento en España (Agroseguro e ENESA).
2. Riscos na agricultura e coberturas dispoñibles: Principais riscos en cultivos de planta ornamental e flor cortada:
3. Tipos de seguros
Seguro para planta
Seguros para invernadoiros e estruturas.
Outros tipos de seguros
4. Subvencións e custos
Axudas e subvencións dispoñibles a través de ENESA e comunidades autónomas.
Como reducir o custo do seguro optimizando coberturas.
5. Como contratar un seguro agrario
Proceso de contratación.
Prazos e requisitos.
Importancia dunha correcta taxación e declaración do risco.
6. Casos prácticos e experiencias reais
Situacións comúns na comarca do Baixo Miño.
Beneficios de estar asegurado #ante sinistros.
7. Preguntas e debate aberto.
Inscrición: Por favor, confirmar participación completando o formulario na seguinte ligazón:
Formulario de Rexistro.
acUbam organiza, coa colaboración do Concello de Tomiño, entre o 9 e o 11 de maio, a 20ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño terá lugar entre o 9 e o 11 de maio na praza de Goián.
The post acuBam (Asociación Cultivos do Baixo Miño), en colaboración co Concello, organiza hoxe unha reunión presencial sobre “SEGUROS AGRARIOS: Protección esencial para a agricultura do Baixo Miño”. appeared first on Concello de Tomiño.